Para as categorías inferiores dará comezo ás 16:40 horas polas rúas peonís de Ribadeo. A distancia que percorrerán os participantes na Mini San Silvestre será duns 400 metros. Haberá trofeo ao primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.

No caso da milla os nenos e nenas participantes percorrerán 1.150 metros tamén polas rúas peonís da vila. Nesta proba daránse cita os prebenxamíns, que son nados en 2005 e 2006, os benxamíns nados en 2004 e 2003 e os alevíns nados en 2002 e 2001. Haberá tamén trofeo ao primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.

Os adultos que participarán na San Silvestre Ribadeo 2012 percorrerán 4.937 metros. A saída estará situada na oficina de turismo e pasará por Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Galicia, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, carretera de Vilaselán, carretera do Faro, camiño das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e rematará na praza de España, diante do Concello.

Na San Silvestre 2012 establécense as categorías de infantil, cadete, junior, senior e veteranos masculinos e femininos. Haberá medallas para os 3 primeiros de cada categoría (masculino e feminino). Trofeos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres da categoría absoluta, ao igual que para dos 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres ribadenses. Os premios son de 100 euros, 50 euros e 25 euros e “non son acumulativos”, segundo explican desde a organización.

A inscrición é gratuita. Haberá un máximo de 400 en carreira nen@s e 1.200 en adultos. As inscricións na carreira absoluta e menores con DNI poderá facerse a través de internet na páxina www.championchipnorte.com ata o 28 de decembro ás 23:59 horas e de xeito presencial achegándose ata as oficinas de deportes e información xuvenil do Concello, na Casa da Xuventude, ata o 28 de decembro ás 14 horas. A terceira vía para inscribirse é enviando un correo electrónico a deportes@ribadeo.org tamén ata as 14 horas do 28 de decembro. As inscricións dos nenos e nenas que non teñen DNI poderá ser presencial ou vía mail. A retirada dos chips e dorsais da carreira absoluta realizarase o 31 de decembro entre as 15 e as 16 horas no Concello. Ao igual que a retirada de dorsais dos menores.