Xa hai 70 inscritos para participar na San Silvestre de Ribadeo. Desde a Delegación de Deportes lembran que os interesados en participar nesta tradicional cita ainda poden anotarse por correo electrónico ou chamando ao teléfono da OMIX 982 120 808. Teñen de prazo ata as 12 da mañá do día 31 para facelo a través destes dous medios, pero tamén poden presentarse para inscribirse antes da celebración da carreira, entre as 15 e as 16:30 horas no Concello de Ribadeo.