Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “esta xornada é a clausura do programa participativo para salvar á abella que o Concello e a asociación Os Abelleiros viñeron desenvolvendo nas últimas semanas. Os participantes no programa farán un reconto de raíñas de avespas capturadas. Ademais tamén se presentarán os resultados dos apadriñamentos”.

Os organizadores mostran a súa satisfacción “por ter desenvolto este programa participativo e salientan que cara a finais da tempada poderase ter unha valoración máis ampla sobre o impacto global do programa”.

Nesta terceira xornada participativa para salvar á abella os asistentes ao acto de clausura deste sábado charlarán e compartirán coñecemento colectivamente de cómo loitar contra a avespa velutina.