Ás 11 da mañá @s pícar@s están convidados a participar nun obradoiro infantil Construíndo o noso mercado. Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “os nenos e as nenas terán a oportunidade de construír unha maqueta do mercado de abastos de Ribadeo, ademais de coñecer a importancia do comercio local e aprender hábitos saudables”. O taller terá lugar na praza de abastos.

Paralelamente segue a campaña online desde o perfil de facebook da praza de abastos. Alí está aberto un concurso de debuxo para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos. O premio para o gañador será unha bicicleta (agasallo de Pillabikes) e un casco. Os que queiran participar deberán entregar un debuxo coa temática do mercado a calquera dos profesionais que cada día venden na praza de abastos. O gañador será aquel debuxo que reúna máis me gusta en facebook.

Desde o Concello lembran que “todas aquelas persoas que se sumen ao facebook da praza de abastos poderán conseguir algún vale de consumo. Hai un total de 450 euros en vales de compra para gastar no mercado ribadense”.