A Escola de Turismo Activo Hola Ola e o Centro de Actividades Subacuáticas da Costa de Lugo (CASC) organizaron bautismos de mergullo e tamén clases de surf e paddle surf dirixidas a rapaces maiores de 7 anos e que saiban nadar. As prazas son limitadas. A inscrición é de balde e farase mañá na praia, minutos antes de iniciar as actividades previstas para as 11 horas.

Tamén este 17 de maio haberá unha ruta interpretada pola praia das Catedrais. Trátase dun paseo xeolóxico polo areal, unha viaxe no tempo de 500 millóns de anos. Sesenta son as persoas que se anotaron para facer este percorrido da man do xeólogo Francisco Canosa, en tres quendas ás 11:30 da mañá, ás 15:00 e ás 17:30 horas.

A xornada de promoción deste monumento natural concluirá pola tarde, ás 16:30 horas, cunha saída para mergulladores que conten con título de mergullo. Esta actividade repetirase o domingo pola mañá, a partires das 10. Os mergulladores que queiran acudir poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 649 93 85 78.