Mañá, xoves, terá lugar unha nova actividade dentro do proxecto Ribadeo, Catedral do Mar. De 10 a 12 horas partirá desde a oficina de turismo unha visita guiada na que participarán os empresarios turísticos pertencentes á Rede de Empresarios deste proxecto, promovido polo Concello e apoiado polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

A visita contará coa participación dunha guía oficial e ten coma obxectivos principais dar a coñecer aos empresarios os puntos de interese turístico de Ribadeo, o xeito de explicarllos aos seus clientes dunha forma atractiva, así coma a presentación da Ruta dos Indianos, realizada tamén no marco do proxecto Ribadeo, Catedral do Mar.