Suárez Barcia dixo hoxe que “despois de tres anos de traballo e de múltiples reunións co delegado de Costas aquí en Ribadeo e despois de termos logrado a implicación dos concellos de Trabada, de San Tirso de Abres e de A Pontenova vemos como está en exposición pública durante 20 días este proxecto tan ambicioso, de cinco millóns e medio de euros e que pretende poñer en valor esta ruta de 30 kilómetros entre Ribadeo e A Pontenova”.

O rexedor explicou que “este proxecto contempla elementos singulares do tren mineiro como a recuperación da ponte do Rego da Viña ou da estación de Porto. É unha satisfacción ver que cando as administracións traballan coordinadas os resultados chegan. Isto contribuirá a recuperar paraxes descoñecidas para moita xente e desde logo e sobre todo dará unha posibilidade moi importante ao sector turístico. Unha vez licitadas e realizadas as obras complementarán ás que se están a facer na Vilavella, a recuperación da nave da fábrica de algas, a creación dun paseo, a recuperación dun muiño de mareas, e que ademáis se dea continuidade a esta ruta hacia outra que te leve directamente á Pontenova sen pasar pola estrada e que se poida ir a pé ou en bicicleta por sitios maravillosos vendo as paisaxes da ría da Ribadeo ou do río Eo é algo maravilloso. Felicito ao ministerio, isto é o froito de moitas reunións e de moito traballo entre os diversos concellos”.