O rexedor lembrou que “desde hai anos o Concello foi obrigado a pagar unha determinada cantidade de diñeiro a unha persoa por unha cuestión vinculada co ruido, porque o Concello non era capaz de impedir o ruido e as molestias que lle ocasionaba. E eso foi así durante varios anos”.
Suárez Barcia indicou que “hai un ano máis ou menos desde o Concello instamos á xustiza para que revisase esa situación entendendo que agora non se daban as circunstancias polas que no seu momento o Concello foi condeado. O ruido provocado por pubs foi reducido drásticamente nalgúns casos porque desde o Concello se levou adiante unha política exemplificadora, no sentido de que cumprira a lei todo o mundo e que diante das denuncias que particulares poden ou podían facer en calquera momento o Concello ten unha máxima de tramitación e realmente si se pasan dos parámetros de decibelios que a normativa marca eses pubs, bares, establecementos son sancionados sen ningún xénero de dúbidas”.

O alcalde ribadense engadiu que “iso provocou que todo o mundo de xeito ordinario non se estea a exceder. De feito nos últimos tempos non se están a producir indicentes deste tipo, pero sempre que hai algún tramítase coa máxima dilixencia e coa máxima seguridade xurídica para as dúas partes, tanto para o que provoca o ruido coma para o que ten que sufrilo”.

Fernando Suárez considera que “a xustiza entendeu os argumentos, entendeu as motivacións e as xustificacións do Concello e nun auto que pode ser recurrido, e eu descoñezo si xa foi recurrido ou non, se lle da a razón ao Concello no sentido de que non debe pagar máis esta penalidade duns 60 euros ao mes”. E engadiu que “eu esto que digo dígoo co máximo e co maior dos respectos tanto para os que provocan os ruidos por mor da súa actividade, porque teñen que poñer música ou porque teñen que traballar, e tamén co máximo respecto para os que sofren ese ruido. Sempre hai que pedirlles ás dúas partes un pouco de tolerancia e que non se leven as cousas ao límite”.

O alcalde de Ribadeo sinalou que “desde o Concello tócanos este labor ás veces cuestionado polas dúas partes, uns din que non somos todo o duros que deberíamos ser e outros din que somos duros en demasía. Eu creo que a posición do Concello é central e ponderada e penso que se reflicte neste auto que lle ven dar a razón ao Concello sen perxuizo de que mañá poidamos ter algún outro problema de ruido que nos leve a circunstancias desagradables nas que nin este alcalde nin este goberno queren entrar”.