Desde o equipo de goberno explican que “rompeu unha tubería de fibrocemento que ten máis de 30 anos. Os técnicos tentan localizar o lugar exacto e agardan reparar esta avaría nun prazo dunhas 24 horas”. E engaden que “coa auga acumulada nos depósitos e o pequeno aporte da traída de Lexoso non deberíamos ter grandes problemas. De todos os xeitos recomendámoslle á poboación que faga pequenos acopios de auga porque sí que pode haber perdas de presión nalgunhas zonas da vila”.