O vindeiro luns, 21 de febreiro, estará cortado ao tráfico durante unhas horas o acceso a Ribadeo desde o Xardín, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez. As obras da rotonda que se constrúe alí obrigan a tomar esta medida. Haberá desvíos alternativos que estarán perfectamente sinalizados. O rexedor pide disculpas polas molestias que se se poidan ocasionar aos conductores que transiten por esa zona.