A concelleira de Igualdade, Mónica Freire Rancaño, sinalou que “o obradoiro posto en marcha pola Área de Igualdade, foi  impartido por Sergio Trillo, psicólogo social,  con experiencia nos ámbitos de servizos sociais, a educación e rehabilitación de dano cerebral e saúde mental. As asistentes aprenderon os beneficios que a risa ten para a saúde”.

A edil ribadense apuntou que “no taller de carácter gratuíto e dunha duración de tres horas en Rinlo e outras tres en Ribadeo, realizáronse exercicios e actividades para obter benestar mental e emocional utilizando a mellor e máis natural menciña, a risa”.