Todos os amantes da pesca están convidados a participar neste 1º Campeonato de Pesca Mar-Costa. O propio Concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, animou aos pescadores a participar na cita que organiza a sección de pesca deportiva do Clube Náutico de Ribadeo e promove a hostalaría da localidade.

O obxectivo deste 1º Campeonato “Pobo de Rinlo” é facer que Rinlo mellorar a afluencia de visitantes nas épocas frías e ampliar así o seu pulo turístico máis aló da época estival.

A cita será o próximo domingo 23 de novembro ás oito da mañá na plaza da Cofradía. Os eidos de pesca serán Punta Arnela e a Zona da ensenada e a competición rematará ás 13:30 co pesado das pezas, para despois entregar os trofeos acompañados dun pincho.