Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia

25N Ribadeo 2023

A violencia de xénero é unha das violencias contra os dereitos humanos máis estendida no mundo actual. Non podemos permitirnos ser indiferentes ante esta lacra que persiste na nosa sociedade.

Non é só un problema das mulleres; é un problema de toda a sociedade. Estamos aquí para comprometernos a traballar xunt@s para derrubar as barreiras que perpetúan a desigualdade.

Somos motor de cambio da sociedade en cada conversación que desafía os estereotipos, en cada acto que defende a igualdade.

Celebremos a valentía das mulleres que se negan a ser vítimas, que alzan a voz e buscan xustiza. Apostemos pola liberdade a través da coeducación.

Miremos cara ao futuro coa esperanza de que as xeracións que nos seguen serán menos tolerantes coa violencia e máis comprometidas coa equidade, pero nós somos o seu exemplo, non podemos baixar a garda.