Evento que cumprirá o seu décimo aniversario.

171024 Foto convenio Deputación Concello de Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, explicou que “hoxe tivemos unha reunión na Deputación, á que lle trasladamos o noso agradecemento pola colaboración co Ribadeo Indiano, firmamos ese convenio para este Ribadeo Indiano deste 2024 e xa tamén trasladamos unha petición clara para o próximo Ribadeo Indiano. No próximo vanse cumprir dez anos, polo tanto tamén queremos facer algo moi significativo, algo de importancia e poñer de releve un evento cultural, un evento reivindicativo da nosa tradición indiana como Ribadeo pobo acolledor, pedimos que colabore a Deputación con 50.000 euros”.

O rexedor considera que “a Deputación vainos apoiar, parece que nos vai apoiar, vamos esperar a ver que nos responden e trasladamos tamén o noso agradecemento pola colaboración que está tendo ata o de agora, pero queremos incrementar esa participación por parte da Deputación e queremos facer cousas nese décimo aniversario de máis releve e necesitamos evidentemente máis orzamento”.

Vega indicou que “Tamén lle trasladamos unha proposta para seguir colaborando coas actividades culturais e neste caso falo das presentacións de libros que estamos tendo en Ribadeo e tamén en actividades culturais relacionadas co benestar social e coas actividades nas parroquias”.

O alcalde engadiu: “entendemos que a Deputación vainos trasladar unha resposta nun breve prazo, que van colaborar, porque entendemos que a Deputación ten a obriga como institución de colaborar con Ribadeo e temos que estar dentro desa colaboración institucional, que é tan importante para os municipios e neste caso para Ribadeo como Concello, que necesita orzamento para facer as súas actividades”.

Ata o Pazo de San Marcos se desprazaron nesta xornada o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.