Así o anunciou o alcalde, Dani Vega, que fixo unha valoración moi positiva da xornada sobre internacionalización das empresas desenvolvida hoxe nas instalacións do Real Club Náutico.

151124 Foto Conecta Ribadeo

O rexedor declarou: “facer unha valoración moi positiva do acto de Conecta Ribadeo. Creo que é moi importante establecer debates onde xurdan moitas propostas para establecer proxectos empresariais en Ribadeo. E, dende logo, estes foros son moi importantes”.

Vega lembrou que “daquel foro do ano pasado de turismo sabemos que foi moi importante, xa que se estableceron proxectos empresariais aquí en Ribadeo, por exemplo, onde está a aduana vella, hoxe é un novo hotel. Nesto tamén vai a ser así. Vai haber moitas empresas que queiran establecer a súa actividade comercial aquí en Ribadeo, polo tanto nosoutros estamos moi satisfeitos. Vamos seguir colaborando con todos eles. Este análise da internacionalización e tamén do financiamento das empresas contou coa presenza de directivos do IGAPE e da Xunta de Galicia, tamén con directivos do sector bancario e evidentemente de todo o tecido económico da comarca, da provincia, do conxunto de Galicia e tamén de proxectos empresariais en Ribadeo, que están levando premios e están sendo recoñecidos como é o caso, por exemplo, de Nigal”.

O alcalde subliñou que “imos seguir preparando actividade e espazos onde poñamos en valor o emprendemento, que así é como medra Ribadeo”.