O sábado ás cinco da tarde celebrarase un pleno extraordinario no que se lle fará entrega á familia Calvo-Sotelo da medalla de ouro a título póstumo que o Concello lle concede ao que fora alcalde honorario e Marqués da Ría de Ribadeo. Despois ás seis e media no Cine Teatro terá lugar a presentación do libro homenaxe ao ex presidente do Goberno e haberá tamén un pequeno recital de habaneras.

Xa o domingo ás once e media da mañá procederase ao descubrimento do alterelevo no muelle de Porcillán. Un acto ao que asistirán, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, entre outras autoridades.