Ribadeo recuperou o subministro eléctrico esta tarde, tras tres horas e media de corte

RIBADEO RECUPEROU A LUS TRAS UN CORTE DE 3 HROAS

Ás seis menos cuarto da tarde Ribadeo recuperaba o subministro eléctrico, tras sufrir un corte de tres horas e media de duración.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “estivemos en todo momento en contacto con Viesgo, pendentes do que estaba a acontecer. Finalmente tras tres horas e media sen luz o servizo quedou restablecido en Ribadeo”.

E engadiu: “sabemos as importantes molestias causadas á poboación, pero o temporal de vento foi moi forte en toda esta zona”.