Cupeiro manifestou que “agora cos datos na man da certificación EMAS do ano 2010 quero felicitar aos veciños de Ribadeo polo seu comportamento á hora de seleccionar os residuos, posto que estamos situados nunha posición punteira entre os concellos de España. Hai que ter en conta que si reciclamos temos un comportamento responsable co medio ambiente, aforrando en combustible e materias primas, diminuindo o efecto invernadero e o que tamén é importante é que lle aforramos ao Concello uns 50.000 euros ao ano”.

O responsable de Medio Ambiente sinalou que “en envases lixeiros, ises que se recollen no contedor amarelo, en Ribadeo recollemos 25,4 kilos por habitante e ano cando no resto do Estado tan só chegan aos 10 kilos. En Ribadeo en total durante o 2010 recollemos 293.000 kilos de envases lixeiros. Estámolo a facer cunha calidade bastante boa, aínda que debemos seguir mellorando, estamos no 29%, a veces chegamos ao 31% e outras quedamos no 27% de impropios. Quero aproveitar para lembrar que no contedor amarelo só se poden botar envases non outro tipo de plásticos, só envases”.

Horacio Cupeiro tamén deu datos sobre o vidro, “tamén estamos a facer un esforzo desde Ribadeo. Se están a recoller 27,46 kilos por habitante e ano, cando en España a media se sitúa nos 15,2 kilos. En Ribadeo recolléronse nos últimos meses 287.000 kilos de vidro e fixémolo en 62 contedores, cando só nos correspondería ter 35 segundo Ecovidrio, xa que teríamos que ter 1 para cada 287 habitantes. En papel estamos recollendo 232.000 kilos e desde que implantamos o cartón porta a porta o ano pasado xeneráronse 23.144 kilos de cartón dos establecementos comerciais”.

O edil nacionalista subliñou que “no punto de limpo foron depositados 25.000 kilos de aparatos eléctricos e electrónicos o ano pasado, é unha cantidade moi importante coma tamén o son os plásticos de silo que recollemos en todas as explotacións agrarias do noso concello e que supuxeron en total 80.000 kilos. Creo que tamén é moi importante este esforzo que estamos a facer desde o Concello. En canto aos voluminosos (colchóns, mobles) recollemos nos doce últimos meses 37.880 kilos”.

Para Horacio Cupeiro “todo isto nos di que desde Ribadeo o estamos a facer moi ben e que estamos a ter un comportamento moi digno respecto á recollida de todo tipo de residuos. Tamén é importante outro dato, do contedor verde estamos a recoller ao ano 4.426.000 kilos, o que supón un custe para o Concello de casi 44 millóns das antigas pesetas ao ano. Todo aquelo que mandemos á recollida selectiva non o teremos que pagar desde o Concello, así aforraremos uns 50.000 euros ao ano. Si seguimos por este camiño estamos a ser exemplo para todo o territorio nacional”.