A edil ribadense amósase satisfeita: “este galardón é un recoñecemento ao traballo feito en materia de medio ambiente e turismo e en eidos como a limpeza e o patrimonio natural. Trátase dun novo distintivo que ven sumarse ás bandeiras azuis que desde hai anos reciben os areais ribadenses, á Q de Calidade Turística e ao sendeiro azul co que tamén contamos desde hai tempo”. 

Mónica Freire engadiu que “isto nos reafirma no bo traballo feito e nos anima a seguir neste camiño”. 

O Concello presentou 15 accións ou iniciativas á Bandeira Verde de Galicia, das que 11 acadaron a puntuación esixida. Entre as axudas demandadas figuran: actividades de astronomía; as Zonas Cativas; o Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía; a instalación de puntos limpos de proximidade; O Renacer do Cantil; RibadeoXNatural; RibadeoXVivo; o Día dos Humidais; Coida os Mares, Coida a Vida; O que non arde; Life Fluvial; Xeorrutas; o Plan de Formación Rural; o Plan Especial de Protección das Catedrais; ou a creación duna senda ciclable para a mocidade.