A iniciativa, que leva a cabo o portal de reservas on line Hotel Info, busca o pobo costeiro con máis encanto de España entre as 27 localidades seleccionadas de hasta 35.000 habitantes. Os organizadores salientan que “cada unha das nomeadas conta cunha salientable oferta turística e cultural”. Hotel Info é un dos coñecidos portais de reservas on line líderes en Europa.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, manifesta que “estamos encantados por ter sido seleccionados e agora animamos a todos e a todas a votar polo noso pobo”.

A votación levase a cabo desde hoxe mesmo, día 12 de abril, ata o 3 de maio na páxina oficial do proxecto http://www.hotel.info/es/citymoments/pueblos-costeros/.

Xunto ao concello de Ribadeo está seleccionado tamén o coruñés de Ortigueira, e terán que competir con outras 25 localidades de toda a costa española. O reconto e análise dos votos terá lugar o día 4 de maio e os tres pobos con maior número de votos recibirán o premio Top Ciudad 2016 outorgado por Hotel Info. Ademais os votantes que participen entrarán no sorteo de cinco vales regalo de Hotel Info por valor de 100 euros cada un.