A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia
organiza a primeira edición de Encontros de Familias, un espazo para aprender,
reflexionar e compartir experiencias coa colaboración da asociación Guillem Veiga
Iglesias.

A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia organiza a primeira edición de Encontros de Familias, un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Elena Sierra explica que “este programa incluirá tres encontros: o 21 de marzo estará dedicado á educación emocional; o 28 de marzo aos problemas de conduta; e o 4 de abril a familia e pantallas”.
A concelleira de Familia indica que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social da nosas crianzas”.
A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas, que serán reservadas por orde de inscrición. As persoas interesadas en obter para mais información poden contactar por telefono ou whatsapp no 672986476 ou no mail drogodependencias@ribadeo.gal”.
Os Encontros de Familias terán lugar en horario e 18 a 20 horas no centro sociocomunitario de Ribadeo. Haberá servizo de lecer simultáneo para as crianzas.