Desde a Concellaría de Turismo indican que “aproveitando que o ano 2016 está dedicado ao camiño norte e primitivo, logo de ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, queremos salientar a importancia cultural e socio económica deste recurso inmaterial para o noso Concello”.

As xornadas comezarán o día 29 de abril, cun debate aberto onde se tratará e expoñerá a evolución do Camiño de Santiago como recursos turístico para xerar riqueza e valor cultural e presentáranse diferentes iniciativas de emprendurismo que están en funcionando ao longo do Camiño e das diferentes oportunidades e alternativas de negocio que existen arredor deste.

O día 30 de abril, haberá unha andaina chamada de Ponte a ponte na que os asistentes percorrerán tramos do Camiño Norte ao seu paso polo concello de Ribadeo. Comezará as 11 horas con saída do albergue de peregrinos Ponte dos Santos) e chegará ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes (Ponte de Arante).

Venres 29 de abril ás 20.00h na Casa do Mar: “Experiencia e alternativas de negocio no Camiño de Santiago.”
Interveñen:
•         Para falar dos inicios do Camiño do Norte (20 minutos)
Manuel Valín Valdes_Estudoso do camiño.
•         Para falar diferentes iniciativas de emprendurismo entorno o camiño (como surxiu a idea de crear a súa empresa, que tiveron en conta, cal é a súa opinión do camiño como recurso turístico cun gran potencial socioeconómico. 10-15 min cada ponente)
Maria Núñez Pertejo_Responsable da oficina de receptivo no Camiño da axencia de viaxes TeeTravel. Axencia de viaxes maiorista–minorista con sede en Vilagarcía de Arousa
Jose María Díaz Bernárdez_ Propietario da tenda online Peregrinoteca.
Bernardo Xabier Niño Neira_Xerente do Albergue Cantábrico A Fonsagrada.
Alejandro Arnesto _Xerente da empresa Cateringcaminodesantiago.com
Roberto Fraga_ Promotor de Pilgrim Global Solutions, proxecto multidisciplinar asentado no desenvolvemento de sistemas de xestión integrados baseados na xeolocalización, aplicacións móbiles multinivel e novos métodos de pago máis seguros e eficientes para potenciar a actividade turística, de forma específica o Camiño de Santiago.
Para falar dun proxecto en “camiño” (10-15 min)
Henri Perez López_Promotor do 1º Albergue privado do Concello de Ribadeo.
Lugar:
Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo.
Hora:
20.00h