Crea Ribadeo para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Trátase de actividades de psicomotrocidade deseñadas específicamente para esta franxa de idade a través de xogos de contido físico e sensorial que potencien as súas habilidades musicais e a súa capacidade expresiva a través da dramatización. Crea Ribadeo  desenvolveráse no colexio Gregorio Sanz do 2 ao 27 de xullo en horario de 10:30 a 13:30 horas. A inscrición pode facer ata o 22 de xuño na OMIX, ubicada na Casa da Xuventude. O sorteo das 50 prazas que se ofrecen para esta actividade será o 25 de xuño ás 9 da mañá.  A cota semanal será de 20 euros.

A Concellaría de Mocidade organizou dous campamentos urbáns para este verán. O denominado Culturas do mundo está destinado para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Será do 2 ao 13 de xullo en horario de 9:30 horas a 14 horas de luns a venres, agás os mércores que se fará xornada ininterrompida de 9:30 a 19:30 horas. A cota para participar neste campamento urbán é de 50 euros. Terá por escenario o colexio Gregorio Sanz e a inscrición pode facerse ata o 22 de xuño na OMIX. O sorteo das 70 prazas que se ofrecen terá lugar tamén o 25 de xuño ás 9 da mañá. O fío condutor deste campamento será a educación na solidariedade e a cooperación con pobos en vías de desenvolvemento. Ribadeo e a arqueoloxía  é o nome do segundo campamento urbán para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos. Desenvolveráse en xornada completa no colexio Gregorio Sanz do 16 ao 27 de xullo. Ofértanse neste caso 70 prazas e a cota é de 120 euros. A inscrición, coma nos outros casos, está aberta ata o 22 de xuño e o sorteo das prazas será o 25 de xuño ás 9 da mañá. Desde a Concellaría de Mocidade apuntan que “neste programa converterémonos en Indiana Jones por uns días e coñeceremos como vivían os nosos antergos desde a prehistoria. Construiremos un caso (recreando o de Vilaselán ou A Devesa) e unha mámoa (como as do Mondigo) e a través de xogos de pistas e de orientación descubriremos os obxectos que compoñen os xacementos arqueolóxicos que garden este castro e esta mámoa”.

En todas estas actividades terán preferencias os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo. E os nenos e nenas nados entre os anos 1998 e 2005 disfrutarán do 2 ao 13 de xullo de torneos 3 x 3 de fútbol e baloncesto de 10:30 a 13:30 horas na praza de España. Para estas actividades non fai falla inscribirse.