Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025

minuto de silencio 2025

Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo. Tamén estivo presente nesta lembranzao neno de 5 anos vítima da violencia vicaria en Murcia a semana pasada. Persoal municipal, concelleiras e concelleiros da Corporación ribadense, alcalde, representantes de Acisa, veciñas e veciños de Ribadeo acudiron á concentración, que rematou cun sentido aplauso.