Ribadeo gardou un minuto de silencio este mediodía en repulsa da violencia machista e en recordo de Fadoua Akkar, a muller asasinada en Moaña esta pasada fin de semana.

Ribadeo gardou un minuto de silencio este mediodía en repulsa da violencia machista e en recordo de Fadoua Akkar, a muller asasinada en Moaña esta pasada fin de semana.

Desde o Concello subliñaron: “condenamos con firmeza este acto de brutalidade e reivindicamos a loita contra esta lacra social”.

Na convocatoria realizada polo Concello ribadense participaron o alcalde, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal, funcionari@s municipais, veciñanza de Ribadeo, así como representantes de Acisa.