O rexedor lembrou que “moita xente de Ribadeo que está nas redes sociais, concretamente no facebook, dende hai moito tempo transmitíanos queixas de que Ribadeo sempre se situaba en Asturias e iso non é así porque está en Galicia. Por iso temos feito xestións durante un tempo e agora finalmente facebook accedeu, comunicáronse connosco para dicir que iso fora un erro e que estaba resolto”.

Fernando Suárez explicou que “automaticamente se cambia para todos aqueles que tiñan Ribadeo (Asturias) e a partir de agora figura Ribadeo (Galicia). Polo tanto quero tamén valorar publicamente o xeito de facilitar o contacto que tivo Víctor Calvo-Sotelo, que é o secretario xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Fomento, e como ribadense de adopción foi sensible a esta cuestión que lle formulamos e botounos unha man no sentido de mediar para que contactásemos nós directamente con facebook para que puideran resolver esta incidencia de tal maneira que Ribadeo está onde sempre estivo, que é en Galicia. E todos os veciños de Ribadeo poderán nas súas páxinas de facebook identificarse como tal”.