O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, apunta que “desde o Concello  trabállase para fidelizar ás persoas que veñen visitarnos, para atraer novos segmentos demanda e para favorecer a desestacionalización”.

Deste xeito, a delegación conformada polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso Galdo; a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos e o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, asiste dende o 18 ao 20 de xaneiro ás reunións programadas e establecerá contacto con diversos axentes turísticos e entidades relacionadas coa promoción do turismo.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou: “a presenza de Acisa nesta importante feira turística é moi relevante, nela vaise promocionar Ribadeo como destino turístico, e polo tanto o noso sector empresarial pode verse beneficiado da nosa labor estes días, tanto o sector hostaleiro e hoteleiro como o comercial. O turismo é un dos motores económicos da nosa vila. Por iso debemos seguir traballando na promoción de todo aquilo que Ribadeo pode ofrecer, así como en aumentar e mellorar tanto a nosa oferta turística como os servizos turísticos ofertados polas nosas empresas. A implicación do sector é un pilar fundamental na nosa promoción como destino turístico”.