A concelleira de Turismo, Ana Martínez, contou que “estamos dende a primeira hora desta mañá aquí na Feira de Fitur en Madrid, a delegación de Ribadeo, configurada polo Concello e por Acisa, traballando diferentes sectores do noso turismo e da economía local. Temos programadas algunhas reunións durante esta mañá, vinculadas fundamentalmente a dous sectores importantes como é o Camiño de Santiago, que nos axude un pouco a desestacionalizar e non centralizar nesa época máis estival, e tamén estamos presentando o conxunto dese Ribadeoxquesi, dese Ribadeo Indiano, do Ribadeo de praias e do Ribadeo de comercio e de compras”.

A edil ribadense cre que “temos unha oportunidade importante neste marco da Feira Internacional de Turismo, e estamos aproveitando todos os recursos dos que se dispón aquí para facer chegar Ribadeo a diferentes axencias, a diferentes operadores turísticos, e para visibilizar o noso produto, o noso concello, a nivel de todo o Estado español e tamén á proxección  internacional que pretendemos darlle non soamente co Camiño senón tamén con esa importante presentación que teremos hoxe pola tarde na Casa de Galicia. Nese acto de presentación internacional do Ribadeo Indiano haberá diferentes sorpresas, participacións a nivel de puntos distantes do mundo, onde a xente vai vincular e comentar a súa experiencia e o seu coñecemento dese proxecto de toda a sociedade ribadense porque é un pulso que se sinte en Ribadeo desde os seus comezos, e ese é o éxito”.

Ana Martínez convidou “á xente que poida estar aquí en Madrid hoxe pola tarde, que lle apeteza e que se queira achegar á Casa de Galicia a partires das oito, alí estaremos. A xente que non pode facelo desde Ribadeo ou desde outra parte do mundo que se conecte, a partires das oito, no facebook do Ribadeo Indiano”.

A concelleira agradece “dunha maneira sincera, xa que sen eles tampouco poderíamos facer este acto, a eses hostaleiros que vinculados ao Ribadeo de Tapeo, como é El Piano e El Oviedo, que nos van deleitar co cóctel que se servirá logo da presentación. Tamén agradecer a Pastelería La Alianza e a Panadería La Plaza pola aportación que fan con eses postres dedicados a Ribadeo. Seguiremos contando como se van desenvolver esta serie de xuntanzas e convidar a participar a quen poida estar aquí ou a facelo a través do facebook”.