Ribadeo é un dos Concellos da provincia que recibe máis fondos europeos. Así o ven de subliñar o alcalde, Dani Vega.

Ribadeo é un dos Concellos da provincia que recibe máis fondos europeos 2

Ribadeo é un dos Concellos da provincia que recibe  máis fondos europeos. Así o ven de subliñar o alcalde, Dani Vega. 

O rexedor contou que “hoxe inauguramos xunto co conselleiro de Facenda e Administración Pública a exposición Fondos Europeos. Moitas veces pensamos que estes fondos están moi lonxe do noso Concello, vemos moi lonxe tamén a Administración da Unión Europea, pero sen lugar a dúbida están moi preto.  Se o Concello de Ribadeo é o concello que máis fondos europeos xestionou da Mariña, é porque hai unha xestión, hai un traballo e tamén estamos atentos captando fondos europeos para mellorar moitos espazos. Poñemos exemplos moi importantes, o abastecemento da auga, obra prioritaria e a máis importante desta lexislatura, estamos falando de 8,5 millóns de euros. Canto aporta a xunta? 7,5. Deses 7,5 ou 60 % son fondos europeos. Polo tanto, estamos xestionando fondos para unha obra prioritaria, unha obra fundamental e unha obra que é sumamente interesante para o crecemento de Ribadeo. Evidentemente que se non hai auga non podemos falar de crecemento en construción de vivenda ou en crecemento tamén de industria e empresa”.  

Vega dixo: “evidentemente, nun Concello como o de Ribadeo o turismo, que é un sector moi importante, non pode estar traballando estratexicamente se non hai un abastecemento de auga que garanta o servizo.  Trátase dunha obra fundamental,  que en breve comezaremos, o 60 % deses fondos son europeos”.

O alcalde explicou que “agora, que vamos tamén conservar todo o espazo das Catedrais, que é rede natura, que tamén está declarado como monumento natural e debemos conservar e coidar entre todos, deses orzamentos que destinamos e aprobamos en pleno, 271.000 euros, son 100 % fondos europeos. Iso tamén é moi importante e agradecemos tanto a Xunta como a Costas a colaboración, pero é unha xestión feita por este Concello”. 

Dani Vega seguiu a relatar: “se agora queremos seguir eliminando as plantas invasoras que hai no entorno da ría, o orzamento é 100 % europeo. En todas as grandes actuacións que está facendo este Concello, os fondos son europeos. Polo tanto, nun é tan lonxe cando poñemos exemplos que visualizamos todos, e así comprendemos, entendemos, que unha administración debe estar para captar fondos, veñan de onde veñan. Se agora vamos en breve renovar a rúa Reinante, que está destrozada por unha falta de conservación, esa parte que estamos investindo, tamén hai unha parte que son fondos europeos, fondos que vamos visualizar perfectamente e que temos moito máis preto do que pensamos”.

E engadiu: “agradézolle ao conselleiro esta visita a Ribadeo para acreditar que este Concello é a administración que máis fondos europeos xestionou da Mariña practicamente, fora de Lugo cidade, da provincia. Estamos moi contentos, moi satisfeitos, e seguiremos nesta liña de xestión, de traballo rigoroso e entre todos facer posible que Ribadeo avance”.