<p>Cunha concentración e cinco minutos de silencio así amosou Ribadeo a súa consternación polos atentados ocorridos en París. Tras unha pancarta na que se podía ler “Ribadeo contra a violencia. Liberdade, Igualdade, Fratenidade” situáronse o alcalde, Fernando Suárez, así como membros do equipo de goberno e representantes das formacións políticas con representación na Corporación Municipal. A eles se uniron ducias de veciños e veciñas anónimos.</p>