Suárez Barcia explicou que a necesidade de contar con este novo vehículo se debe a que no Concello xa había dous camións pero que “un deles ten arredor duns trinta anos e ultimamente non supera as probas de [acronym title=’Inspección Técnica de Vehículos’]ITV[/acronym], o que lle ocasiona un gasto de reparación moi elevado ao Concello”. O rexedor lembrou que, por parte do Concello, o goberno local leva un tempo en contacto coa Consellaría de Medio Ambiente para solicitar unha colaboración da que veñen de recibir unha resposta satisfactoria. Segundo indicou Fernando Suárez “debo valorar moi positivamente a cifra acadada, que chega aos 120.000 euros”, engadindo que se ben “non cubre o 100% do custe do camión, se trata dunha cantidade moi importante”.
Segundo o alcalde de Ribadeo a situación con respecto a esta materia “era extrema, xa que co incremento da poboación e da recollida é indispensable que o municipio conte con dous camións de lixo”.
Destinado ao rural
O Concello de Ribadeo dispón nestes momentos dun camión do ano 2002 e de outro que xa suma máis de 30 anos e que será substituído pola nova adquisición. Nun principio, está previsto que o camión que se vai mercar se destine fundamentalmente á recollida nas parroquias, debido a que pola súa dispersión e polo número de quilómetros que é preciso percorrer cómpre ter un camión novo, potente e con capacidade para poder recoller o lixo de vez en todas as parroquias. A pretensión do goberno local é que, con este camión, non sexa preciso ir a descargar á planta de transferencia antes de rematar o circuíto.
Fernando Suárez valorou positivamente as xestións realizadas polo voceiro do PSOE no Concello, Balbino Pérez Vacas, diante da Consellaría de Medio Ambiente. Segundo afirmou o rexedor ribadense “Balbino Pérez Casas atendeu as nosas peticións e realizou diante da Consellaría, cuxo titular é do PSOE, as xestións necesarias que nos permitiron chegar á cantidade da que falaba anteriormente”.