Ribadeo conta con dous novos miradoiros nas Aceas, desde os que se pode contemplar toda a beleza da ría.

200125 Foto novo miradoiro

O Concello, en colaboración con Costas e coa a Xunta, segue a eliminar de toda esa contorna os eucaliptos e as especies invasoras.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo aposta polo medio ambiente. Construímos entre todos espazos naturais que debemos conservar, por iso solicitamos subvencións para conservalos e coidalos entre todos. É importante solicitar subvencións para facer, para construír, pero tamén debemos ser conscientes que debemos conservar todo aquilo que temos”.

O rexedor explicou: “por iso, entre a Illa Pancha e as Aceas, eses espazos naturais debemos ser conscientes de que debemos coidalos. A Xunta de Galicia sacou unhas subvencións a través da Dirección Xeral de Conservación do Medio Natural, que nós solicitamos. Parécennos fundamentais, nos espazos naturais, por exemplo nas Aceas vamos seguir todo un traballo que se veu facendo nos últimos anos e o cal destacamos e agradecemos do anterior goberno, que é eliminar esas plantas invasoras que non poden estar entorno a ría. Parécenos un bo traballo e neste período o que fixemos foi ir eliminando certas árbores, certos eucaliptos que nacían, rebrotaban e que por iso solicitamos a subvención para eliminalos e que así non volvan estar e vamos a seguir eliminando esas especies. Por iso tamén estamos traballando con Costas e coa Xunta de Galicia para seguir limpando toda esa zona do entorno da ría e eliminar os eucaliptos”.

Para Vega “é moi importante construÍr, é moi importante facer, pero é tamén fundamental conservar todos os espazos naturais. Por iso construímos tamén dous miradoiros nas Aceas, desde os que se pode contemplar a ría e tamén poñer en valor eses espazos que estaban obsoletos, que non tiñan nada, unicamente tiñan maleza, e parécenos moi importante ir poñendo miradoiros neses entornos, que en vez de ser espazos baleiros, que son feísmos, construír entre todos os miradoiros que contribúan a contemplar a ría que tanto queremos. Por lo tanto, seguimos traballando en facer, pero tamén en manter”.