Ribadeo acolleu un acto de agradecemento e recoñecemento á Asociación Saúde Mental A Mariña
Ribadeo acolleu un acto de agradecemento e recoñecemento á Asociación Saúde Mental A Mariña polo traballo realizado e pola súa participación na iniciativa Cestiña dos Arrolos. O alcalde, Dani Vega, subliñou que este colectivo “pon no centro á persoa”.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, sinalou que “desde Benestar Social de Ribadeo estamos muy contentos de llevar a cabo la iniciativa Cestiña dos Arrolos, una iniciativa conjunta entre la Asociación de Saúde Mental A Mariña y este Ayuntamiento, con la que damos la bienvenida a los más pequerrechos de nuestra villa. El acto comenzó a las 11.30 de la mañana y contó con la presencia de miembros de la directiva de la asociación y del director territorial de Política Social de la Xunta de Galicia, Oscar Viñas”.
Para a edil ribadense “fue un acto entrañable en el que pusimos en valor el trabajo de estas personas con problemas de salud mental”.
O alcalde, Dani Vega, considera que “debemos facer todos unha reflexión conxunta por iso neste día de agradecer todo o traballo feito durante todo este tempo. Agradecer evidentemente á Asociación Saúde Mental a toda a súa directiva, a María José, a Jorge, a todos os seus membros que puxeron moito da súa parte, puxeron moita vontade para sacar adiante esta cestiña dos arrolos coa que queremos dar a benvida a todos os neniños e neniñas que nacen en Ribadeo e que veñen para Ribadeo”.
O rexedor subliñou que “é un acto de agradecemento e de poñer en valor tamén unha asociación que fai un traballo moi importante, moi interesante, poñendo no centro á persoa. Iso é o máis importante, pensar no valor da persoa. Por iso nosoutros, cando dixemos hai que facer unha iniciativa para darlles a benvida a todas as neniñas e os neniños aquí en Ribadeo, en quen pensamos? Nunha asociación que ten unha dimensión social, que ten unha dimensión dun traballo con moita profundidade, con moita pegada, por iso nós contamos con eles”.
E engadiu: “trátase dunha iniciativa conxunta entre a Asociación Saúde Mental A Mariña, entre o Concello, entre a Xunta de Galicia e vamos seguir con esta gran proposta e que tamén por parte da Concellería de Benestar Social puxeron moito da súa parte, tanto Elena como concelleira como todas as técnicas que seguen apostando cada día máis por iniciativas, propostas que é o que dicía hai uns segundos, poñer no centro á persoa, darlle o valor á persoa. Por iso un acto de agradecemento, tamén agradecerlle ao director territorial que se achegaraa a Ribadeo para celebrar con nos que unha iniciativa tivera tanta pegada e tanta profundidade”.
No acto que tivo lugar no Salón dos Alcaldes interviñeron a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra; o presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado; Christian, un dos seus usuarios; a directora desta asociación, Mª José Novoa; director territorial de Política Social, Óscar Viñas; e o alcalde ribadense, Dani Vega. Asistiron veciñas e veciños de Ribadeo, usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Mariña, así como cinco bebés coas súas familias, que son os agasallados coa Cestiña dos Arrolos.