Campus que organizan o Concello e o club de hóckey Isla Pancha. O evento foi presentado esta mañá.

CAMPUS_HOCKEY

O campus está destinado a rapazas e rapaces nados ata o ano 2015. Será impartido por xogadores da talla de Asier Gayoso, Andreu Tomás, Juan Escudero ou Tommy Soeder, deportistas que teñen un amplo palmarés no hóckey liña.

Os participantes gozarán de surf e praia, segundo destacan desde a organización.
No acto de presentación deste campus participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e Marcos Cabanas, Presidente de Club de Hóckey Isla Pancha; e Alejandro Fernández, director técnico do CHL Meigas.

O edil de Deportes agarda que “todos os rapaces e rapazas disfruten e aproveiten ao máximo este campus de hóckey liña, no que van estar en contacto con destacadas figuras deste deporte”.