Ás 12 da mañá abrían as súas portas as casetas da III Feira do Libro no parque de San Francisco en Ribadeo. E media hora máis tarde inaugurábase a exposición “Galicia imaxinada nas revistas da emigración”, que se poderá visitar na OMIC ata o vindeiro xoves. Despois durante a fin de semana estará situada no Cine Teatro co obxectivo de contribuír aínda máis ao realce do Ribadeo Indiano, a festa que terá lugar do 8 ao 10 deste mes. No acto desta mañá participaron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña; a concelleira de Turismo, Ana Martínez; e o libreiro local Pablo Rodríguez “Vivín”.

Esta tarde ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da III Feira do Libro, co pregón que pronunciará o escritor Antonio Reigosa. A clausura será o domingo ás nove da noite.