Ricardo Abad está a realizar este reto solidario chamado Camino de Santiago en cuatro ironman. En Ribadeo estará acompañado no mar polo persoal de socorrismo, que leva todo o verán traballando na zona. A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, quere agradecerlles “a súa colaboración neste reto e tamén no resto de probas realizadas na ría de Ribadeo e nas praias ao longo da tempada estival”.