Mañá durante a mañá estará pechado ao tráfico o acceso a Ribadeo desde o Xardín para proceder ao pintado da rotonda alí construida. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “como todo o mundo pode ver estes días proseguimos a toda velocidade, pero realizándoo moi eficazmente, estas obras no da nova rotonda do Xardín e dos pasos elevados da travesía. Mañá durante a mañá vai estar cortado ao tráfico o acceso a Ribadeo desde o Xardín para proceder ao pintando da rotonda, durante ese período os vehículos terán que desviarse polas rutas alternativas que Policía Local e empresa adxudicataria determinaron”.

Suárez Barcia dixo que “pola tarde vánse pintar os diferentes pasos elevados, que se estiveron construindo hai poucas horas, así como o vial que se aglomerou hai unhas semanas desde o Parador de Turismo ata a Vilavella. No día de mañá ben no Xardín, na Vilavella ou polo centro da vila haberá restriccións de tráfico, pero que son necesarias para poder pintar con garantías e con seguridade e despois ao longo da fin de semana se reanudará con normalidade a circulación e a xente poderá transitar con comodidade pola vila”.