O rexedor dixo que “con esta experiencia os máis pequenos están a ver como moitas veces no río hai cousas que non debería haber como plásticos, botellas, bricks, ferralla, chatarra de coches, tal e como puidemos ver no día de hoxe. Isto tamén é un exemplo para outra cidadanía, os máis grandes, os que tiran iso no río, para dicirlles que si o río é de todos debemos conservalo ben entre todos. Os nenos estes días están a limpar o que outros tiraron certo tempo atrás”.

A Fernando Suárez parécelle “fabuloso esta actividade que estamos a realizar e á que nos está a axudar tamén a Deputación de Lugo a levala adiante. E despois de cada limpeza os nenos e nenas, agora estamos no parque de Cedofeita, comendo un bocata e repoñendo forzas despois dunha dura mañá de traballo”. Nestas tarefas participaron o alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.