Suárez Barcia dixo que “me gustaría aclarar, con toda a educación e toda a cordialidade, as declaracións efectuadas polo presidente do PP local nas que acusaba ao alcalde de non aceptar unha entrevista cun cargo intermedio da Consellería de Traballo e Benestar sobre o tema da residencia da terceira idade para Ribadeo”. O rexedor e portavoz da devandita comisión sinalou que “a comisión que temos formada desde hai un tempo con representantes de todos os grupos da Corporación e desta plataforma de asociacións veciñais, que está a funcionar razonablemente ben e na que por parte deste alcalde, como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ribadeo, e como representante do BNG non vamos a romper pola nosa parte. Pero sí queremos referirnos ás entrevistas que mantivemos co vicepresidente e co presidente da Deputación de Lugo e coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Neste último caso ela mesma comprometéuse a que no mes de marzo nos había recibir a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta, entendendo que é a comunidade autónoma quen ten as competencias básicas para a construcción de residencias da terceira idade”.

O alcalde ribadense lembrou que “o tempo foi pasando e durante todo o mes de marzo a entrevista non se chegou a concretar, a pesares das comunicacións escritas e verbais que tiven coa delegada territorial da Xunta, aínda que ela sempre de boa fé e con moita axilidade me confirmou que a conselleira nos recibiría nos seguintes días. O tempo foi pasando e a semana pasada unha persoa da Xunta nos ofreceu unha entrevista cun cargo intermedio da Consellería, e eu como alcalde e como voceiro desta comisión lle indiquei que a delegada territorial nos asegurara que íamos manter unha entrevista coa conselleira e que nós nos queríamos reunir co máximo responsable nesta materia despois do presidente da Xunta”.

Fernando Suárez subliñou que “desde a comisión, desde o goberno municipal e eu como alcalde e como cidadán quero reunirme coas persoas que quedan conmigo e con nós para ter unha xuntanza e non con terceiros. E a gravidade e a magnitude fan indispensable reunirse cunha conselleira e non cun cargo intermedio. Isto é canto debo aclarar, máis aló de que días despois esta plataforma de asociacións de veciños convocara unha manifestación para o 22 de abril, á que eu, como moitos máis veciños e veciñas, acudirei e apoiarei porque nos parece que todos os políticos e todas as institucións debemos traballar codo con codo e non empezar a discurtir e buscar entre todos o esforzo colectivo, dado que a situación económica é moi severa en moitos aspectos”.

E insistiu en que “todos debemos traballar codo con codo para conseguir unha residencia en Ribadeo, que veña a suplementar a ésta que xa temos agora mesmo, que é municipal, que está rexida por unha congregación relixiosa que o está a facer moi ben ademáis, pero que é insuficiente en número de prazas. Como alcalde e como portavoz desta comisión non queremos polemizar co PP, pero ao césar o que é do césar e os compromisos que a delegada territorial nos deu queremos que se cumpran. Queremos que nos reciba a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e non ningún segundo ou terceiro espada do seu departamento”.