Segundo explican desde a Concellaría de Deportes “os organizadores son os mesmos que o ano pasado trouxeron co Banco Santander o Ferrari de Fernando Alonso. Nesa ocasión quedaron moi contentos coa acollida da exposición, xa que foi visitada en 3 días por máis de 10.000 persoas. Por ese motivo decidiron volver a Ribadeo e aumentar o número de días que estarán aquí”. O acceso á exposición é gratuíto.