O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “estamos nestes días coa brigada de Medio Ambiente repoñendo moitas das árbores que faltaban en diferentes puntos da vila. Algunhas por motivos vandálicos, outras por accidentes provocados por malos estacionamentos, e outras pois pola propia natureza”.

O rexedor dixo que “agora estamos centrándonos no paseo Marítimo Alfonso Rodríguez Castelao en repoñer os Tamarix Gallica que estaban secos, substituíndoos por outros da  mesma especia especie. Están sendo protexidos con titores e cinta de caucho e tamén se aproveita para facer traballos de mantemento nos seus arredores”.

Suárez Barcia engadiu: “e así deste xeito iremos substituíndo aqueloutras que tamén se atopan en mal estado ou simplemente non están, no resto da vila”.