A edil Teresa González Piñeiroa asegura que “a xente respostou tras a nosa chamada e agardamos que ningún pícaro de Ribadeo quede sen agasallos este nadal”.

Servizos Sociais clasificou os xoguetes despois de ser recollidos e estes días procece á súa entrega entre as familias con menos recursos do concello, “estamos citando ás familias que temos na base de datos para que se acheguen a elexir os agasallos que precisan para seus cativos”.

Teresa González Piñeiroa fai unha chamada “a aquelas familias que non temos na nosa base de datos e que precisen xoguetes a que se poñan en contacto con nós para achegarse aos Servizos Sociais a seleccionar aquelo que poden precisar”.