O rexedor dixo que “nesta nova edición, despois da primeira experiencia levada a cabo en xaneiro de 2019, todos os veciños e veciñas que solicitaron a axuda foron beneficiarios da mesma, un total de 23, que destinarán estas árbores a repoboar 44 parcelas que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo”. Foron máis de 600 as árbores repartidas esta tarde”.

Suárez Barcia comentou que “o orzamento das árbores entregadas ascende a 8.827,87 euros, o que supón un importante incremento fronte a axuda establecida no ano 2019, que fora de 6.500 euros.Con estas árbores entregadas búscase axudar economicamente ás persoas que adaptaron as súas faixas á lei de incendios de Galicia. Deste xeito conseguirán con estas plantacións de frondosas reducir nun futuro as necesidades de mantemento destes espazos, ademais de, por suposto, servir de medida preventiva fronte aos incendios forestais”.