A  edil Mónica Freire explicou que “desde a área de Servizos Sociais entendemos que é prioritario destinar estas máscaras, neste caso infantís, facilitadas pola Deputación Provincial, para axudar ás familias con maiores problemas económicos”.

A concelleira de Servizos Sociais tivo palabras de agradecemento para a institución provincial: “aproveitar para agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta achega destas 1.410 máscaras infantís, que se suman ás que xa cederon para os adultos”.

Freire Rancaño contou que “no día de hoxe, venres, os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo comezan co reparto das máscaras infantís que foron facilitadas pola Deputación Provincial de Lugo. Este reparto farémolo entre as familias máis vulnerables de Ribadeo que teñan nenos de entre 3 e 16 anos. Aínda que as máscaras só son obrigatorias para maiores de 6 anos, si que é verdade que é recomendable para as crianzas de entre 3 e 5. Así que decidimos tamén incluír este rango de idade no reparto”.

A responsable de Servizos Sociais engadiu que “as máscaras veñen en packs de 10. Neste primeiro reparto queremos chegar a 83 menores pertencentes a 54 unidades familiares”.