<p>Cos votos a favor dos concelleiros do BNG e Ciudadanos e a abstención de PP e PSOE, quedou aprobado no pleno extraordinario e urxente celebrado esta noite no Concello de Ribadeo solicitar á Xunta a suspensión inmediata dos efectos do Plan de Conservación do Monumento Natural As Catedrais no tocante ás medidas previstas a implantar desde o 1 de xullo de 2015, en tanto non exista o consenso necesario entre as administracións públicas implicadas. E para o caso de que non se produza a suspensión referida…  iniciar os procedementos legais oportunos para a impugnaciñon do referido Plan de Conservación do Monumento Natural As Catedrais, recentemente aprobado polo Consello da Xunta. </p>