Rematou a quinta edición do programa Construíndo o verán da Concellaría de Servizos Sociosanitarios. Os 25 nenos e nenas que participaron neste programa de reforzo escolar gozaron dun paseo en lancha pola ría de Ribadeo e viaxaron no tren turístico cultural da vila, que os achegou ata a praia dos Bloques “onde tivemos un picoteo e tamén un refrescante baño”.

Construíndo o verán está dirixido a familias con poucos recursos económicos e serve “para que os nenos e nenas poidan repasar todos aqueles coñecementos que adquiriron durante o curso escolar”. Con eles traballaron durante o verán cinco voluntari@s aos que a Concellaría de Servizos Sanitarios, que dirixe Sonia Meilán, lles agradece este xesto altruísta.