Tres voluntarias e a educadora familiar municipal encargáronse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a unha quincena de nenos e nenas de primaria desde o pasado 11 de xullo e ata o día de hoxe. @s rapaces asistiron a este programa os martes e os xoves de 10:30 a 12:00 horas nunha aula cedida pola Escola Oficial de Idiomas.

A concelleira Sonia Meilán agradece “o traballo realizado polas voluntarias e pola educadora familiar, xa que sen elas non sería posible levar adiante este programa. E quero darlle as grazas tamén á Escola Oficial de Idiomas por cedernos a aula na que as nenas e nenos asistiron a esta nova edición de Construíndo o verán”.