Onte tivo lugar a clausura do programa Construindo o verán, que un ano máis levou adiante o Concello de Ribadeo coa axuda da educadora familiar, de persoal técnico municipal e de catro voluntarias. Unha treintena de nenos e nenas de diversas nacionalidades asistiron durante os meses de xullo e agosto a estas clases de apoio escolar e aos obradoiros desenvolvidos os venres.

Os rapaces remataron onte esta experiencia cun percorrido en lancha pola ría de Ribadeo, acompañados pola técnica de turismo. A concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, fixo un balance moi positivo do programa e tivo palabras de agradecemento para a entrega das catro violuntarias e para o traballo realizado pola educadora familiar e polo persoal técnico do Concello.