O rexedor contou que “a finais da semana pasada rematou o período de exposición pública de dous meses de duración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo. Todas as persoas que quixeron fóronse achegando á oficina de turismo onde se expoñía o documento e onde o arquitecto municipal lles podía explicar polo miudo en qué consistía para as propiedades dos veciños e das veciñas de Ribadeo”.

Durante estes dous meses presentáronse un total de 540 alegacións, cantidade sensiblemente inferior á da anterior exposición pública do ano 2008 onde se plantexaron 1.167. Suárez Barcia dixo que “en parte este descenso prodúcese porque moitas daquelas alegacións presentadas hai catro anos nas parroquias e no medio rural xa foran aceptadas no seu momento”.

O alcalde ribadense sinalou que “agora toca seguir dando pasos cara adiante para conseguir dunha vez por todas a aprobación definitiva do noso Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo. Durante o verán a empresa redactora, Eptisa, terá que ir estudiando todas e cada una das alegacións para seren contestadas e tamén desde a comisión informativa de urbanismo, da que forman parte todos os grupos da Corporación Municipal, terémolas que supervisar. E teremos que agardar a ir recibindo informes sectoriais doutras administracións, que son obrigatorios, para incorporar no documento. E a ver si antes de que remate este ano o Concello pode someter a aprobación provisional o documento do PXOM, que é o seguinte paso que queda unha vez contestadas as alegacións e incorporados todos os informes sectoriais pendentes”.

Fernando Suárez cre que é unha boa nova, “estamos facendo as cousas modelicamente en todo o que tivo que ver coa exposición pública e co comportamente razonable de todos os grupos da Corporación. Algúns fixeron as súas propias alegacións, todas terán que ser estudiadas, e creo que coas aportacións de todo o mundo enriqueceremos o documento do PXOM, aínda que non o acaba aprobando definitivamente o Concello senón a Xunta. Coa lei na man e coas prescripcións técnicas e legais n aman estou convencido de que teremos un PXOM nun período de tempo razoable”.