Ducias de persoas disfrutaron desde primeiras horas da mañá dunha esfollada do millo, dun obradoiro de disfraces e de bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén para as familias. No Mercado dos Domingos desenvolveuse tamén unha prensada e elaboración de zume de mazá e como colofón tivo tivo lugar unha actuación musical a cargo do grupo falapandeireta Erikas e Peluxías. E os locais hostaleiros da contorna da praza de abastos ofreceron tapiñas e petiscos elaborados con produtos da horta. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, fixo un balance positivo dos Mercados dos Domingos: “o balance é totalmente positivo porque acadamos o obxectivo que se pretendía, que era achegar os produtos de proximidade aos consumidores facendo fincapé na súa importancia para a alimentación individual e tamén como motor do desenvolvemento económico da nosa vila”.

A XX edición dos Mercados dos Domingos deu comezo o pasado 27 de xuño e rematou onte. Na cita, organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación A Sucadoira, participaron 14 produtoras e produtores da zona.